6/7/17

PAISAXE ENTRE NUBES

Con motivo da publicación dun novo Atlas Internacional de Nubes, por parte da Organización Meteorolóxica Mundial (OMM), os alumnos e alumnas de 5º nivel prepararon un novo traballo.

Partindo da clasificación de nubes xa existente e engadindo os novos tipos de nubes, fotografiaron as diferentes nubes tentando ter fotos de todos os tipos.
 
         
Unha vez feitas todas as fotos, os nenos e nenas comezaron a clasificalas.     




      E finalmente fixeron un fermoso mural.                                                                                       














5/6/17

CELEBRAMOS OS MAIOS

Os alumnos e alumnas de 5º decidiron investigar sobre os maios, unha tradición dalgúns pobos e cidades galegas. 
A orixe remóntase, segundo algunhas teorías, á Prehistoria . Pero, o que si parece claro é que nun principio os maios naceron como un ritual para invocar dos deuses  a protección dos produtos sementados na terra.
Trátase dun rito agrario, encamiñado a propiciar boas colleitas, favorecer a fecundidade da terra por medio da arte , a música e a poesía. Por iso a festa celébrase na primavera, un tempo no que a terra empeza a espertar do seu longo soño invernal. Celébrase a despedida do inverno, o florecer das plantas e a chegada dos primeiros froitos.Nos tempos modernos, os maios convertéronse en festas urbanas.
Os maios constan de dúas partes:
  • Os maios , que son monumentos feitos cunha estrutura de madeira, que se reviste con brión, flores, carabouxos... procurando empregar sempre elementos naturais. Os maios máis tradicionais e característicos teñen forma cónica  pero, hoxe en día, tamén hai maios que intentan imitar casas, castelos, cruceiros....
  • As coplas, que poden ter contido literario referente á primavera, pero o máis normal é que teñan un contido satírico referido a acontecementos recentes. Esta crítica céntrase na maioría das veces en asuntos locais, moi próximos á xente da vila na que os maios se celebran. 
Despois de recompilar toda a información sobre os maios, decidiron explicarlle esta bonita tradición aos nenos e nenas de 3º curso.

 
Os nenos e nenas de 4º tamén fixeron un traballo moi especial sobre os maios.
E finalmente todos e todas puxéronse mans a obra.
O primeiro era ter unha estrutura para o maio e buscar un fondo verde natural. Tiveron sorte e no cole atoparon todo o necesario.


Despois de recoller o fondo verde comezaron o maio cubrindo a estrutura                                           

 



 O último paso foi cubrir o maio coas flores que todos os nenos e nenas trouxeron


                                                                       


O resultado foi fantástico!
 


















DIA DO MEDIO AMBIENTE

Tal día como hoxe, 5 de xuño, celébrase o DIA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE, polo que en 5º B fixemos, ademáis dun pequeno debate , un traballo de investigación resumido nas seguintes láminas